Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mellores festas e festivais da fin de semana

As mellores festas e festivais da fin de semana

O Festival da Luz, Galicia Fest, Pantín Classic...

Festas gastronómicas como a do viño, o porquiño... e da Istoria de Ribadavia

Xente no Festival da Luz (Arquivo)
G24.gal 28/08/2025 11:10

Festival da Luz: festival de música variada feito en Boimorto desde o 29 ao 31 de agosto. Conta cun cartel de luxo con artistas coma Rozalén, Mondra, Herdeiros da Crus, Tanxugueiras, Ariel Rot, Califato 3/4 ou Boyanka Kostova entre outros.

Galicia Fest: festival musical que se fará no Peirao de Transatlánticos de Vigo os días 29 e 30 de agosto. No apartado musical inclúen a artistas do panorama nacional coma Dani Fernández, Paula Koops, Maldita Nerea, Sexy Zebras, Marlon, Beret, Mikel Izal e outros artistas que se reparten entre ámbolos días.

Festinal da Istoria de Ribadavia. De venres a domingo. 

Abanca Pantín Classic Galicia Pro: festival celebrado en Valdoviño, na praia de Pantín, que vai dende o 23 ao 31 de agosto. Neste reúnense algúns dos mellores surfistas do mundo, máis de cen, que veñen defender o seu título das categorías masculina e feminina na World Surf League QS 4.000.

Festa do Viño do Condado de Tea: nova edición da festa gastronómica feita en Salvaterra de Miño, onde se poderán degustar viños, sempre acompañados de produtos da zona. Está catalogada como Festa de Galicia de Interese Turístico. Celébrase dende o 29 ao 31 de agosto. Ademais contará cas actuacións de G-Face, De Ninghures, La Marca, Lenha Verde ou Son das Tabernas.

Festa do Porquiño á Brasa da Amil: evento onde multitude de xente se achegará ao municipio de Moraña para degustar a carne asada de porco ao estilo tradicional. Tamén haberá actos lúdicos coma xogos tradicionais. Celébrase dende o 30 ao 31 de agosto.

Festa da Anguía e Mostra da Caña do País: celebracións feitas en Valga do 23 ao 30 de agosto. Dende o 23 ao 31 terá lugar a  XII Ruta-Concurso Tapa a Anguía. Logo o día 30 será a XXXV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Ademais, os encargados de poñer a música na festa son o grupo Ráfaga, Charleston Big Band, Quinkillada e a Banda de Música Municipal de Valga.

The Champions Burguer: festa gastronómica de competición de hamburguesas que esta semana se pasa a Vigo, no centro comercial Vialia dende o 28 de agosto ao 7 de setembro. No evento poderanse degustar as hamburguesas de 21 establecementos en formato de food truck e finalmente poderase votar pola mellor.

Castelo Conta: evento onde terán lugar varios espectáculos de humor en Culleredo do día 22 ao 31 de agosto. Entre os invitados están Xosé A. Touriñán, David Amor, Lucía Veiga, Gari Garrido, Carlos Blanco e outros humoristas.

Festival MU2: un festival que oferta xornadas de cine mudo e música en Vigo dende o 27 ao 30 de agosto. As filmes que se van proxectar son La Casa de la Troya (1925) o martes, Y sin embargo hemos nacido (1932) o mércores, Nosferatu (1922) o xoves e dará o peche unha dobre sesión cómica protagonizada por Buster Keaton (Go West) y Harold Lloyd (The Kid Brother).

Tremeterra Fest: evento feito no Incio onde os asistentes desfrutan de xornadas de música da man de artistas e grupos coma Lions Dem Soundsystem, Violinbwoy, Bakin Black, Dubbing Sun, 10.000 Lions e outros máis. Terá lugar os días 29 e 30 de agosto.

Festival dos Eidos: evento feito no Folgoso do Courel na Fundación Uxío Novoneyra na que participarán artistas coma Nieves Neira, Xabier Cordal, Oriana Méndez, Jaume Coll Mariné, Isolda Santiago, Mohamad Bitari, Inés López e Ildefonso Rodríguez que terán conversas poéticas. Dende o 29 ao 31 de agosto.

Vilablues: festival de blues que será do día 29 ao 30 de agosto en Vilanova de Arousa. O venres actúan Los Deltonos, The Blues Moonshiners, Los Pontiaks e máis artistas e o sábado serán T T Syndycate, Nico Wayne Toussaint Band, Malabesta e outros grupos os que actuarán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade