Cargando resultados...
As imaxes das últimas décadas do San Froilán amosan como eramos
Os vídeos e as fotos captados en Lugo durante varias festas son un reflexo dos cambios non nosos costumes
G24.gal
04/10/2025 15:30
Última actualización 03/10/2025 21:36
O San Froilán é a festa máis fermosa do outono galego, como dicía Cunqueiro. Entre as clásicas casetas de polbo, a variedade de actividades, os concertos ou o tradicional Domingo das mozas, vive nove días que din que parecerán centos.
Pero, se miramos cara atrás, quedan imaxes que invitan á nostalxia e a lembrar a nosa historia. A ver como eramos.