Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ceiban paxaros recuperados en Carballedo para celebrar o Día da Ave

Ceiban paxaros recuperados en Carballedo para celebrar o Día da Ave

Os centros de recuperación de avifauna en Galicia atenderon 2.900 exemplares e xa ceibaron máis de 900

A celebración pretende concienciar da importancia de conservar os hábitats e a biodiversidade

G24.gal 04/10/2025 15:02 Última actualización 04/10/2025 15:19

Un 66% das especies ameazadas están a sufrir os efectos do cambio climático, segundo a ONG SEO/Birdlife. Aproveitando que hoxe se celebra o Día da Ave, estanse a realizar actividades para concienciar sobre a diversidade e a conservación dos hábitats.

No concello de Cerdedo-Cotobade, o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo procedía a unha solta de aves xa curadas diante de escolares.

"O adulto entrou cun golpe frontal, cun sangrado nun ollo, estivo con colirios e evolucionaron moi ben. Consideramos que xa están listos para sobrevivir, porque na natureza non se vive, sobrevívese, porque é moi dura", relata Adrián Gonzalo, veterinario do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo.

Unha femia de azor e dous miñatos, ou aguias rateiras, foron os afortunados protagonistas da ceiba tras varios meses de recuperación nas instalacións de Carballedo. Galicia conta con catro centros de recuperación de avifauna distribuídos por todas as provincias.

"Este mesmo ano ingresaron máis de dous mil novecentos animais. É certo que a gran maioría son aves, tamén que máis de novecentos xa os ceibaron, pero hai outros que poden estar incluso un ano", asegura Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, que presidiu o acto.

A causa principal dos ingresos son traumas relacionados con atropelos, golpes ou disparos, e os momentos máis complicados son en épocas de cría ou cando os pequenos se afastan dos niños.

Nestas instalacións as aves teñen unha segunda oportunidade coa que regresar á natureza e conservar a biodiversidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade