Cargando resultados...
A avaría nun tren de alta velocidade provoca atrasos entre Madrid e Galicia
O convoi, que estivo parado no cambiador de Taboadela, tiña un problema no sistema de autopropulsión
G24.gal
25/01/2026 19:59
Última actualización 25/01/2026 20:26
A avaría nun tren de alta velocidade, que estivo parado no cambiador de Taboadela durante algo máis dunha hora, provocou algúns atrasos na circulación ferroviaria de longa distancia entre Galicia e Madrid.
Segundo informa Adif, o convoi LD AV 4546 Chamartín-A Coruña tiña un problema no sistema de autopropulsión. Por esta razón, outros dous trens estiveron detidos unha media de 45 minutos: o LD AV 4564 en Miamán (Ancho Estándar) e o LD AV 4775 en Ourense.