Falece un home tras ser atropelado na N-525 no concello de Sandiás
O suceso tivo lugar arredor das 19:35 horas na estrada N-525, á altura do quilómetro 203, á altura de Coalloso
A vítima é un veciño de Ourense de 43 anos que non levaba chaleco reflectante
O condutor do vehículo deu negativo na proba de alcoholemia
Efectivos de emerxencias no lugar do atrelo, este domingo en Sandiás. Foto: Garda Civil
Morre un home de 43 anos tras ser atropelado na estrada N-525, á altura do quilómetro 203, no concello de Sandiás (Ourense), segundo informa o 112 Emerxencias de Galicia
O suceso tivo lugar arredor das 19:35 horas, momento no que o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando de que un home fora atropelado mentres camiñaba pola vía á altura de Coalloso.
🔴 #AXEGAInforma de que faleceu unha persoa atropelada en Sandiás.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 25, 2026
📍 N-525, quilómetro 203.
➡️ O suceso produciuse mentres a vítima camiñaba pola estrada.
🔗 https://t.co/RIH4vLtX7t pic.twitter.com/gGoSb3qLBG
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez no lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento da persoa atropelada. A vítima é un veciño de Ourense.
O accidente produciuse xa de noite e os axentes, que se trasladaron ao lugar, constataron que o home non levaba chaleco reflectante, no momento en que fo atropelado.
Ao condutor do vehículo implicado no atropelo, un Volkswagen Golf, prácticouselle a proba de alcoholemia e deu negativo.