Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae o muro de pedra que sostén unha urbanización en Barbadás

Cae o muro de pedra que sostén unha urbanización en Barbadás

En menos de 10 segundos esborrallouse o muro da urbanización A Moura

De momento descoñécese o motivo do derrubamento da parede de perpiaño. Algúns veciños apuntan a fallos de construción, outros á intensa choiva e aos fortes refachos de vento

Momento no que cae o muro de pedra perpiaño que sostén unha urbanización en Barbadás
G24.gal 25/01/2026 19:37

Impactante foi para os veciños dunha urbanización do concello ourensán de Barbadás ver como caía o muro de pedra que facía de contención. O muro caeu sobre unha beiravía. Por fortuna nese momento non pasaba ninguén.

De momento descoñécese o motivo polo que se veu abaixo a parede de perpiaño, pero todo parece indicar que a intensa choiva e os fortes refachos de vento rexistrados estes días poderían estar detrás do esborrallamento, segundo explica Daniel Rey, responsable de Emerxencias de Barbadás

En menos de 10 segundos derrubouse o muro da urbanización A Moura. Pouco antes o veciño dunha casa lindeira avisaba á Policía local de que os cachotes parecían que se ían desprender, o muro parecía que comezaba a facer unha barriga.

Din que a veciñanza apunta a algún fallo na súa construción, pero o paso do tempo e precisamente a chuvia acumulada estes días parecen as causas máis probables deste derrubamento. Agora vén o tempo da investigación para saber o sucedido.

A rápida intervención da Policía Local e da Protección Civil de Barbadás evitaron danos maiores. Pouco despois as máquinas da empresa construtora traballaban na retirada dos cachotes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade