O Domingo Fareleiro abriu as celebracións do Entroido de Xinzo
O Entroido de Xinzo comezou coa tradicional farelada na Praza Maior
Declarado Festa de Interese Internacional en 2019, o de Xinzo é un dos entroidos máis longos de Europa
Por diante quedan cinco semanas de festexos
Cando a fariña tingue de branco Xinzo de Limia é que comeza o Entroido.
"Aínda chegamos agora, pero xa estamos enfariñados".
E da fariña non se libra ninguén:
"Hai que enfariñarse, esa é graza. É o día máis porco, o que máis se goza en Xinzo".
Durante case un mes, Xinzo transfórmase nunha celebración constante. É, para moitos, o momento máis agardado do ano.
"É o máis que podemos facer. O entroido de Xinzo é único".
"Sen el non podemos vivir. Aquí estamos: pasándoo ben e gozando do noso Entroido".
Declarado Festa de Interese Turístico Internacional en 2019, o Entroido atrae ata Xinzo numerosos visitantes.
"Nada máis chegar xa te inclúen en todo. É marabilloso".
"É o terceiro ano que veño e é unha pasada, como di ela, inclúente. Para min o Entroido ten que ser de incluír".
A afluencia nótana na hostalería local, onde as reservas, nalgúns casos, fanse con moito tempo de adianto.
"Si, hai algunha que quedou xa reservada do ano pasado. E xa temos unha reserva para o ano que vén".
O Entroido non fixo máis que comezar. Por diante quedan outros catro domingos: o oleiro, o corredoiro, o de Entroido e o de piñata.