Detido un home de 65 anos pola morte violenta dunha muller nun piso de Lleida
Os investigadores indagan sobre cal era a relación entre o home detido e a vítima, pero de momento non está claro se é un caso de violencia machista
Fontes próximas a investigación non concretan como morreu a muller, si indican que se tratou dunha morte moi violenta
Foi o home quen voluntariamente acudiu á comisaría dos Mossos para comunicar que matara a unha muller
Foto: Mossos d´Esquadra
Os Mossos d'Esquadra detiveron este domingo a un home de 65 anos pola morte violenta dunha muller de 53 nun piso de Lleida.
A División de Investigación Criminal (DEC) de Ponent fíxose cargo do caso para esclarecer as causas.
Fuentes próximas á investigación informaron a EFE de que non se investiga esta morte violenta como un posible caso de violencia machista, aínda que os investigadores indagan sobre cal é a relación entre o home detido e a vítima.
As citadas fontes, que non concretan como morreu a muller, si indican que se tratou dunha morte moi violenta.
Segundo puido saber EFE, foi o home quen voluntariamente acudiu á comisaría dos Mossos para comunicar que matara a unha muller.
Varias dotacións policiais desprazáronse á vivenda indicada polo home, onde confirmaron a morte violenta dunha muller, tras o que se procedeu á detención en comisaría do presunto autor.
O home, que foi detido esta tarde, atópase nas dependencias da comisaría dos Mossos d'Esquadra de Lleida.
O Concello de Lleida tras coñecer o suceso, emitiu un comunicado no que expresa o seu "pesar" e no que "condena rotundamente o feminicidio que se produciu en Lleida", polo que decretou tres días de loito. Convocou tamén un minuto de silencio para este luns, ás doce do mediodía.