Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retirados das vías os últimos restos do tren Alvia sinistrado en Adamuz

Retirados das vías os últimos restos do tren Alvia sinistrado en Adamuz

Os restos dos tres vagóns do Alvia que sufriron o impacto co Iryo foron partidos nos últimos días e retirados nas últimas horas

Os tres vagóns do Iryo que descarrilaron están precintados pola Garda Civil nas inmediacións da zona cero, e de momento aínda non foron trasladados

As vías da As vías da "zona cero" de Adamuz trala retirada dos vagóns. Foto: EFE/Salas
G24.gal 25/01/2026 13:07

Os últimos restos dos vagóns do tren Alvia implicado no accidente de trens de Adamuz (Córdoba) foron retirados das vías, despois de que onte sábado os vagóns do Iryo que non estaban afectados pola colisión fosen trasladados pola vía de alta velocidade en dirección Madrid.

Os restos dos tres vagóns do Alvia que sufriron o impacto co Iryo foron partidos nos últimos días, primeiro na procura das vítimas e despois para poder ser trasladados das vías. A súa retirada das vías realizárono durante as últimas horas.

Vagóns do tren Iryo precintados nas proximidades da Vagóns do tren Iryo precintados nas proximidades da "zona cero" do accidente de Adamuz. Foto: EFE/ Salas

Durante a xornada do sábado axentes da Garda Civil estiveron a recabar probas e facendo fotografías na zona, antes de deixar as vías sen restos do convoi.

Os tres vagóns do Iryo que descarrilaron atópanse precintados pola Garda Civil nas inmediacións da zona cero, e de momento aínda non foron trasladados.

Cabeza tractora do tren Iryo accidentado, envolta e precintada nas proximidades da Cabeza tractora do tren Iryo accidentado, envolta e precintada nas proximidades da "zona cero". Foto: EFE/ Salas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade