Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspéndense as clases este luns no interior da provincia de Pontevedra polo mal tempo

Suspéndense as clases este luns no interior da provincia de Pontevedra polo mal tempo

Este luns tamén quedan suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos en tres zonas da provincia de Ourense: Noroeste, Miño e Sur

 A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes tamén anunciou a suspensión da actividade deportiva federada pola chegada a borrasca Joseph

Afectará toda a península pero o peor estará en Galicia, en concreto en Pontevedra, onde as choivas serán moi abundantes o luns 26 e a madrugada do martes 27. As precipitación poderán superar os 120 litros por metro cadrado

directo
G24.gal 25/01/2026 13:50 Última actualización 25/01/2026 14:55

A Xunta vén de activar para mañá a alerta vermella por chuvias no interior de Pontevedra e laranxa no noroeste, sur e zon do Miño de Ourense.Tamén haberá alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

O 112 advirte de que durante a activación da alerta vermella é recomendable activar o Plan de Emerxencia Municipal do concello (PEMU) ou o Plan de Acción Municipal (PAM) ante inundacións no caso de telo.

Segundo os organismos predictores, a alerta vermella actívase por precipitación acumulada que pode acadar os 150 mm. en 12 horas e no noroeste, sur e zona do Miño de Ourense 80 mm en 12 horas.

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Debido á alerta vermella por choiva, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá, luns 26, nos centros educativos e nas escolas infantís da zona Interior de Pontevedra.
 
Debido á alerta laranxa por choiva, este luns tamén quedan suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos en tres zonas da provincia de Ourense: Noroeste, Miño e Sur.
 
A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo as previsións dos órganos preditores, anunciou a suspensión da actividade deportiva federada

 

Estes luns chega a borrasca Joseph e traerá moita chuvia, neve na montaña, ventos fortes e temporal marítimo

Unha nova borrasca de alto impacto, denominada Joseph, deixará a partir de mañá luns choivas abundantes en boa parte da península, neve nas montañas, ventos intensos e temporal marítimo.

Así o sinala na súa conta de X a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) que especifica que a borrasca foi nomeada polos expertos do Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA).

Aínda que se prevé que as precipitacións poidan afectar a boa parte do país, o peor estará en Galicia, en concreto en Pontevedra.

No interior desta provincia as choivas serán moi abundantes o luns 26 e a madrugada do martes 27, o que provocará que no mapa de avisos se active o nivel vermello -o máximo- por perigo extraordinario.

Poderanse superar os 120 litros por metro cadrado en 12 horas e a axencia prevé posibles inundacións e crecidas, polo que pide extremar as precaucións e seguir as recomendacións de Protección Civil.

Joseph chega despois de Ingrid, unha borrasca que este domingo continúa notándose, cun mapa de avisos que coloca en nivel vermello outra vez a Galicia e a Asturias, Cantabria e País Vasco por perigo extraordinario de fenómenos costeiros, con ondas que poden superar os 10 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade