Cargando resultados...
Máis de mil quilos de mexillón para degustar de balde nas festas de San Vicenzo, en Rábade
A celebración remóntase ao ano 2002, a raíz do desastre do Prestige, para promocionar o consumo dos produtos do mar
Cada establecemento de hostalería elabora as preparacións con receitas propias
G24.gal
25/01/2026 14:52
Os bares de Rábade serven de escaparate para o mexillón galego. Financiados pola Consellería de Pesca, repartíronse 1.200 quilos entre os negocios para ofrecelos como degustación de balde.
Xa van 21 anos de celebración. Todo comezou a raíz do desastre do Prestige, no ano 2002; comezou a celebrarse para promocionar o consumo.
Cada establecemento prepara os mexillóns ao seu gusto e os clientes amósanse encantados coa iniciativa. Unha degustación do saboroso molusco que ademais coincide coas festas de Rábade.