Dous voos con destino A Coruña e Vigo teñen que volver a Madrid ao non poder aterrar polo forte vento
Dous voos con destino A Coruña e Vigo teñen que volver a Madrid ao non poder aterrar polo forte vento
Segundo a plataforma Voa Máis Alto, en Alvedro hai ventos con refachos de ata 37 nós en superficie
Un voo de Air Europa que cubría o traxecto Madrid-A Coruña tivo que regresar á capital ao non poder aterrar en Alvedro por vento, informou Aena.
Unha situación similar vivíase pouco despois cun voo que partira da capital española con destino Vigo, e que non puido tomar terra en Peinador.
Desviado a Madrid el vuelo UX7235 procedente de Madrid. En Alvedro sopla ahora un viento con ráfagas de hasta 37 nudos en superficie. El resto de pistas de la cornisa en condiciones similares. El aeropuerto alternativo en caso de desvíos hoy será Madrid.
— Aeropuerto A Coruña (@aeropuerto_LCG) January 22, 2026
Hai activa unha alerta vermella por temporal costeiro en todo o litoral da Coruña, con ondas de ata nove metros e vento do noroeste de forza sete.
Esta situación afectou a operativa do aeroporto da Coruña, onde non puido aterrar un voo procedente de Madrid.
Segundo a plataforma Voa Máis Alto, en Alvedro hai ventos con refachos de ata 37 nós en superficie.