Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redondela celebra este sábado o entroido de verán máis concorrido

Redondela celebra este sábado o entroido de verán máis concorrido

Unhas corenta mil persoas se agardan nunha festa que se alongará ata ben entrada a madrugada

Carlos Veleiro presenta a gala drag, The Rapants e o DJ Carlos Jean poñen o toque musical ao programa

G24.gal 23/08/2025 21:10

Redondela celebra este sábado unha nova edición do entroido de verán. Unha festa que naceu hai 28 anos e que enche o centro urbano da vila de disfraces para todas as idades. Unha gala de drag queen e música en directo completan o programa da festa, que rematará ben entrada a madrugada.

Non hai desfile de comparsas, nin falta que fai porque neste entroido cada un vai disfrazado como e con quen lle peta. Temática libre, co único propósito de disfrutar da festa. Os cativos teñen onde refrescarse nunha zona habilitada só para eles. O centro urbano é a zona cero do entroido do verán, que se vive dende a mañá ata a madrugada, e por onde pasrán unhas corenta mil persoas.

"Polas cifras que barallamos, contamos entre 35.000 e 40.000. Será unha das edicións con maior afluencia de xente. Por iso temos todo preparado, cun hospital de campaña, protección civil e policía local. E pido sentidiño aos participantes, para que teñamos un entroido tanquilo", apunta Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

O animador Carlos Veleiro presentará a xa tradicional gala drag queen, que reparte mil oitocentos euros en premios. Un evento que gaña en relevancia dentro do programa. "Vai ser diferente nesta ocasión. Vai haber protagonistas que lle van dar o toque especial que ata agora non había, porque queremos que a gala drag cada ano vaia aumentando", di a alcaldesa.

O potente directo da banda de Muros The Rapants e as mesturas electrónicas de Carlos Jean poñen o peche musical ao entroido máis quente do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos