Na provincia de Ourense é xa tempo de Entroido
Remata o Nadal e os ourensáns xa están pensando no Entroido
En Laza e en Portocamba, Castrelo do Val, xa soan as chocas
Este ano o Entroido cae moi cedo e os entroideiros afánanse cos preparativos
Acaba de rematar o Nadal e estamos xa en tempo de Entroido. Polo menos na provincia de Ourense, a máis entroideira, levan xa meses preparando a festa das festas. E xa se senten as chocas nas aldeas.
Apágase o Nadal e comeza o Entroido. En Laza, os peliqueiros levan dende a Noitevella quecendo coas chocas. Este ano o Entroido vén moi cedo. De festa en festa, non hai descanso. Que llo digan a unha modista de Xinzo, cose de sol a sol para facer medio millar de disfraces.
A emoción xa se palpa, e é que a conta atrás en Xinzo remata o 25 co Petardazo e o Fareleiro. Nas tendas non dan feito a quitar o de Nadal e poñer o de Entroido. As festas piden vésperas.
Coas badaladas chegou xa o tempo de Entroido, o máis agardado na provincia de Ourense.