Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os entroidos máis ancestrais da península ibérica danse cita na montaña ourensá

Os entroidos máis ancestrais da península ibérica danse cita na montaña ourensá

Vilariño de Conso acolle este domingo o desfile de disfraces e máscaras que o sábado percorreu as rúas de Viana do Bolo durante a X ViBoMask

Esta edición participan 48 agrupacións, procedentes de Galicia, Cantabria, Asturias, Castela León, Castela A Mancha, Extremadura e Portugal

G24.gal 18/05/2025 16:24

Por uns días o entroido volve á montaña de Ourense. As vilas de Viana do Bolo e Vilariño de Conso acollen esta fin de semana os desfiles da Mascarada Ibérica. Unha oportunidade de ver todos xuntos os persoeiros dos entroidos máis ancestrais da península.

Ademais das autóctonas mázcaras da Xironda, os peliqueiros de Laza ou as pantallas de Xinzo, pola praza maior de Viana do Bolo desfilaron arredor de cincuenta agrupacións procedentes de Galicia, distintas partes da península e tamén Portugal. Un pequeno entroidódromo que permite descubrir xuntas as tradicións singulares doutros territorios igual de ancestrais que os galegos.

"A miña personaxe é o diabo, unha máscara tradicional que representa o entroido do meu concello, Lamego, en Portugal", sinala un hoxe cuberto cunha máscara de madeira.

"Este é un dos entroidos máis antigos e España, a súa orixe pérdese na oite dos tempos. Vestíana ás serranas e os quintos. é só típico de Navalosa, en Ávila", di unha muller disfrazada.

"Somos o diaño, nada de touro, somos o diaño", conta un home pintado totalmente de negro a faciana, portando unha grande cornamenta de boi sobre a cabeza, procedente de Luzón, en Guadalaxara.

"Nós somos de Piornal, do norte de Extremadura, o noso personaxe é Jarramplas, cuxa máscara é de madeira moi colorida, dotada con cornos, e sospéitase que representa a un ladrón de gando", relata outra muller participante no desfile.

Dez anos van xa desta Mascarada Ibérica que permite o intercambio cultural e a renovación do interese pola cultura popular tradicional.

"Cada ano medra, cada ano intentamos darlle máis visibilidade e traer máis grupos, porque o obxectivo é darlle a pureza e a identidade tradicional dos pobos", asegura Jorge Domínguez, presidente da Asociación de Folións Rurais, da Asociación Robreda de Viana do Bolo, ademais de coordinador de ViBoMask, que supón o encontro dos entroidos máis singulares e ancestrais da península.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade