Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Torre Eifisa, exemplo de que a rehabilitación pode mellorar a vida das persoas

A Torre Eifisa, exemplo de que a rehabilitación pode mellorar a vida das persoas

O proxecto, pioneiro en eficiencia, reduce o consumo enerxético nun 75 %

G24.gal 15/10/2025 14:24

Hai edificios que marcan unha cidade. A Torre Efisa é un deles. E agora, despois de case dous anos de obras renace máis verde, máis eficiente e tamén máis humana, convertido case nun laboratorio urbano. A súa rehabilitación prometía un cambio, moito máis que estético

A fachada antes gris é hoxe un xardín vertical que produce enerxía. E a calefacción antes cara e contaminante é agora limpa e compartida. Con máis de oito millóns de euros investidos, esta rehabilitación marca un antes e un despois.

A Torre Efisa xa non é só un símbolo urbano, é un exemplo de como a rehabilitación pode mellorar a vida das persoas e transformar a paisaxe das cidades. Un modelo que mira cara ao futuro sen esquecer as súas raíces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade