Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estupor na Coruña pola posible implicación da Matavellas na morte dunha anciá

Estupor na Coruña pola posible implicación da Matavellas na morte dunha anciá

Remedios Sánchez declarará cando a chame a maxistrada que instrúe o caso

G24.gal 15/10/2025 14:36 Última actualización 15/10/2025 14:57

Sorpresa e dor no barrio de Monelos pola morte violenta dunha veciña de 91 anos: "Era unha persoa moi boa, por iso a enganaron", di a veciñanza

Á vítima atopouna sen vida, tirada no chan do cuarto de baño, un neto seu que se achegou á vivenda porque non lle contestaba ao teléfono. Tras alertar os seus, chamaron o 061 e, na primeira valoración médica, non detectaron sinais de violencia e a morte foi considerada natural. Porén, máis tarde, cando os fillos da anciá revisaron as gravacións dunha cámara que había na vivenda, viron que a falecida estaba acompañada dunha muller.

E isto foi o que precipitou unha nova liña de investigación. Esa muller é, presuntamente, Remedios Sánchez, que está a cumprir no cárcere de Teixeiro unha condena de 144 anos por asasinar tres mulleres en Cataluña no 2006. Gañaba a confianza das vítimas para atacalas e roubarlles cartos que gastaba en xogos de azar. A fin de semana do 3 de outubro, cando faleceu a anciá da Coruña, estaba de permiso penitenciario.

A autopsia revelou lesións compatibles cunha morte violenta por asfixia e varias fracturas. As dilixencias policiais son secretas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade