Investigan se unha asasina en serie matou unha anciá na Coruña durante un permiso
Nun primeiro momento pensouse que se trataba dunha morte natural
A investigación iniciouse polas imaxes dunha cámara instalada na casa da falecida
A sospeitosa cumpre condena no cárcere de Teixeiro por tres asasinatos en Cataluña en 2006
A Policia Nacional investiga se Remedios Sánchez Sánchez, que leva case dúas décadas na prisión de Teixeiro por matar varias persoas maiores, é a responsable da morte dunha muller de 91 anos na Coruña.
Ocorreu o pasado día 3 de outubro. Fontes da investigación explican que o corpo da anciá foi atopado polo seu neto no baño da casa en que vivía na Coruña, na avenida de Monelos. Acudiu alí preocupado porque non lle contestaba o teléfono. Malia que nun primeiro momento pensouse de que podería tratarse dunha morte natural, ao parecer a autopsia revelou que se trataba dun homicidio.
O caso revisouse, e según as mesmas fontes unhas imaxes captadas por unha cámara que instalara o fillo da falecida na súa casa descubriu a presenza de Remedios Sánchez no lugar.
O caso está baixo segrado sumarial, pero fontes da investigación aseguran que están a recabar datos sobre os movementos de Remedios Sánchez, que eses días disfrutaba dun permiso penitenciario de fin de semana. A sospeitosa foi detida no propio centro penitenciario o pasado día 8.
A muller, natural de Boimorto, acumula penas de 144 anos de prisión por tres asasinatos consumados e cinco tentativas no ano 2006 en Barcelona e Mataró. Tamén foi condenada por sete delictos de roubo con violencia.
Remedios Sánchez actuou contra anciás que apenas podían defenderse, ás que tentaba asfixiar ou estrangular. Primeiro facíase amiga delas, e logo as matabas para poder roubarlles.