La Reme, unha sentenza de 144 anos de cárcere e tres asasinatos ás súas costas
Remedios Sánchez cumpría condena por tres asasinatos no cárcere de Teixeiro e cinco tentativas
Xa tiña dereito a este tipo de permisos penitenciarios de fin de semana, pensados para a súa reinserción
Estupor na Coruña pola posible implicación da Matavellas na morte dunha anciá
Os tres asasinatos polos que foi condenada Remedios Sánchez producíronse no 2006 en Barcelona. Tamén intentara matar outras 5 persoas. As vítimas eran todas anciás vulnerables ás que en varios casos lles roubara na casa xoias e cartos e despois afogábaas.
Natural de Boimorto, La Reme, como a alcumaron, ou a Matavellas, residía en Barcelona, a onde se mudara moi nova. Os seus achegados e veciños en Galicia sorprendíanse coa nova hai case 20 anos.
Detivérona cando tiña 49 anos. No xuízo descartouse que participase outra persoa nos delitos. Por cada delito de asasinato fora condenada en 2008 a 19 anos de cárcere, outros 20 polas tentativas de asasinato e 4 por roubos con violencia.