Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulan un punto de venda de droga no centro de Vilagarcía

Desarticulan un punto de venda de droga no centro de Vilagarcía

Detido un home acusado de venda de cocaína polo miúdo

G24.gal 12/01/2026 17:33

A Policía Nacional desarticulou un punto negro de venda de droga no centro do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Os axentes detiveron alí un home acusado de vender cocaína polo miúdo.

Os veciños queixábanse da inseguridade na zona pola grande afluencia ao lugar de persoas toxicómanas.

Axentes pertencentes ao Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Comisaría Local de Vilagarcía de Arousa efectuaron un dispositivo que lles permitiu observar a presenza de dúas persoas que accedían á zona e realizaban un intercambio de substancia estupefaciente por diñeiro.

Por iso, os axentes policiais detiveron o presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Ademais, dentro do vehículo do detido, estacionado nas inmediacións, atoparon 230 gramos de cocaína ocultos na súa roupa, 1.800 euros e unha balanza de precisión. 

 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade