Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pai e fillo aceptan tres anos de cadea e 8.000 euros de multa por vender droga na lonxa de Burela

Pai e fillo aceptan tres anos de cadea e 8.000 euros de multa por vender droga na lonxa de Burela

A Fiscalía reduciu a petición de prisión de catro a tres anos porque os acusados recoñeceron os feitos 

Imaxe da lonxa de Burela Imaxe da lonxa de Burela
G24.gal 24/02/2026 16:17

Dous veciños de Burela, pai e fillo, aceptaron este martes unha pena de tres anos de prisión e unha multa de 8.000 euros pola venda de drogas na lonxa de Burela.

Os dous declararon, nunha vista celebrada na Audiencia Provincial de Lugo, que eran consumidores habituais cando vendían estupefacientes e que na actualidade están en proceso de deshabituación. Aceptando os feitos lograron unha redución da petición da condena, xa que a Fiscalía solicitara nun principio catro anos de prisión e unha multa de 12.342 euros para cada un deles. Ademais, o Tribunal non se opuxo a esa redución debido ao proceso de rehabilitación.

Pai e fillo dedicábanse en 2023 á distribución e venda a terceiros de heroína e cocaína. Facíano na lonxa de peixe de Burela, utilizando as súas vivendas como lugar de provisión de mercadoría.

Tras facer un seguimento das actividades dos dous acusados, a Garda Civil realizou un rexistro nos domicilios de ambos, en que se incautaron de heroína, cocaína, psicotrópicos e material para pesar as substancias, así como de diñeiro en efectivo procedente da venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade