Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concello e os veciños do Milladoiro quéixanse da inclinación das novas marquesiñas

O concello e os veciños do Milladoiro quéixanse da inclinación das novas marquesiñas

Dende que se colocaron hai uns días, os veciños falan de chapuza do tortas que están 

O Concello de Ames xa pediu ao Ministerio de Transportes que corrixa as deficiencias 

Unha marquesiña inclinada
G24.gal 12/01/2026 15:25

Os veciños do Milladoiro, preto de Santiago, están sorprendidos co resultado das novas marquesiñas colocadas na avenida principal. Están tan tortas que mesmo é incomodo sentar nelas.

O problema vén da pendente da rúa e de non tela en conta á hora de instalar as marquesiñas. 
Estas novas instalacións forman parte das obras de remodelación da avenida principal do Milladoiro, que levaron moitos meses e que remataron hai un par de semanas. No Concello admiten que se trata dunha chapuza que terá que ser resolta.

Os veciños admiten que a posición da marquesiña pode ser orixinal aínda que non ten sentido porque está demasiado inclinada.

Mais alá do resultado estético, os usuarios consideran que tampouco é cómodo: "É incómodo, se te pos na esquina esta, vés para aquí esvarando". "Nada, isto non está ben feito", contan.

Pero non son as únicas marquesiñas con este problema na zona. No veciño concello de Teo hai tempo que teñen varias que tamén están tortas. Así nolo contaba Juan, que mesmo baixou da casa cun nivel para demostrárnolo. E a verdade é que a burbulla non pode estar máis esquinada…

"Hai dúas ou tres peor por alí abaixo aínda, cun desnivel de 20 ou 25 centímetros".

Dende o Concello de Ames, onde está O Milladoiro, explican que xa lle pediron ao Ministerio de Transportes que corrixa estas deficiencias.

O alcalde do municipio cualificou nun comunicado as colocacións das marquesiñas como "unha chapuza", algo co que, ao parecer, concordan os seus veciños. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade