Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teñen o garaxe anegado desde hai un mes e cren que a auga procede do saneamento

Teñen o garaxe anegado desde hai un mes e cren que a auga procede do saneamento

En Cangas, os veciños do edificio Noria 4 urxen ao concello a solucionar  "un problema de salubridade"

Cren que as augas fecais de varios inmobles próximos desaugaron no seu estacionamento

G24.gal 05/03/2026 14:19

"Cando baixa a auga está todo cheo de lodos as bombas atráncanse  e paran de funcionar e é unha locura de auga". "O río que teña unhas fisuras, vale pero non deberían entrar as fecais porque o río levarías para o mar".

"Sentido común, se entra a merda é porque hai unha fisura  na canalización".

"Quérenos convencer que neste tramo a merda nada de costas en contra a corrente", contan dous veciños.


Agora que as bombas de achique levan semanas baleirando a auga  acumulaba no garaxe do edificio  Noria 4 en Cangas, os veciños teñen clara a procedencia dos residuos. 

 "Cremos que unha parte poida ser do río pero unha parte é da  canalización da rúa cos temporais puido haber unha fisura e como o edificio é o punto máis baixo de toda a rúa e desmboca no foso do garaxe ", di Ramón García, administrador da comunidade.

Desde hai case un mes, a entrada da auga no estacionamento dificulta a vida diaria dos residentes no inmoble. Están sen ascensor e aseguran que os malos cheiros e a humidade  foron a máis.

"Non podo abrir as ventás, o cheirume é insoportable". "Meus pais e os veciños saen menos da casa, están sen ascensor".

"É unha vida truncada, eu saio só se teño algunha actividade ou buscar o neto".

"A luz toda esta témola que pagar nós. Hai oito bombas traballando día e noite, senón chegaría ao teito a auga", comentan os veciños.

A comunidade de veciños urxe o Concello a darlle unha solución definitiva a este problema. Piden que levanten toda rúa e melloren  o saneamento.

"O Concello dinos que de momento hai unha actuación, pero non no curto prazo, de seis meses para adiante. Nós necesitamos unha actuación inmediata porque non podemos seguir con esta situación que é insalubre", di Ramón García.

Teñen o río preto, e saben que con chuvia e a marea alta a situación complicase  Piden que levanten toda rúa e melloren o saneamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade