Publicador de contidos

Publicador de contidos

A defensa do condenado polo crime da luguesa Cristina Cabo pide que se xulgue por un delito de homicidio e non de asasinato

A defensa do condenado polo crime da luguesa Cristina Cabo pide que se xulgue por un delito de homicidio e non de asasinato

Na vista de apelación as acusacións manifestaron que a sentenza está debidamente motivada

Piden que se manteña a pena de 26 anos de cadea

G24.gal 12/01/2026 14:18

O TSXG acolleu esta mañá a vista de apelación para revisar a condena de 26 anos de cadea do autor confeso de matar unha muller en Lugo, en 2022.

A vítima era Cristina Cabo, unha lucense de 42 anos, á que o xa condenado coñeceu a madrugada dos feitos e coa que acudiu ao seu domicilio para manteren relacións sexuais. No interior da vivenda, o home asestoulle 49 coiteladas e tras deixala gravemente ferida, marchou da vivenda cunha bicicleta e cun ordenador da vítima.

Por estes feitos, o xurado popular da Audiencia Provincial de Lugo declarou o home culpable dun delito de asasinato e outro de roubo. E foi condenado a un total de 26 anos de cadea.

Na vista de apelación, as acusacións, tanto a pública como a particular, pediron que se manteña a pena. Pola súa banda, a defensa solicitou que se revise e que os feitos se cualifiquen como un delito de homicidio e outro leve de furto.

Amais, alega que non se tiveron en conta as atenuantes de confesión, lexítima defensa, que actuou baixo os afectos do alcol e drogas e o seu trastorno mental.

Agora será a alto tribunal galego quen dite sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade