Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha vivenda unifamiliar en Culleredo

Arde unha vivenda unifamiliar en Culleredo

Trátase dunha segunda residencia e barállase un calefactor aceso como posible causa do lume

O propietario atopábase no exterior cando se iniciou o incendio, polo que non hai que lamentar danos persoais

Concello de Culleredo Concello de Culleredo
G24.gal 04/03/2026 14:23

Os servizos de emerxencia traballan en sufocar o incendio declarado nunha vivenda unifamiliar do núcleo de Cabana, na parroquia de Veiga, en Culleredo. O propio Concello informou de que o lume comezou arredor das 12:45 horas.

Ao lugar desprazáronse a Policía Local de Culleredo e os bombeiros do parque provincial de Arteixo, que seguen agora cos labores de extinción.

Indican que o lume segue vivo, dado que a inmoble conta con moita madeira.

Trátase dunha segunda residencia e barállase un calefactor aceso como posible causa do lume.

O propietario atopábase no exterior cando se iniciou o incendio, polo que non hai que lamentar danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade