Cargando resultados...
Un lume no CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade obriga a suspender as clases
O incendio comezou cando xa rematara a actividade
CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade
G24.gal
11/02/2026 20:14
Non haberá clases este xoves no CEIP de Cerdedo-Cotobade, segundo anunciou a Consellería de Educación, tralo incendio que se declarou ás 17:00 horas deste mércores no centro. De momento descoñécense as causas das lapas que afectaron ao almacén e a un corredor do colexio.
Bombeiros do Salnés e efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade traballaron na extinción do lume, que comezou cando xa non había actividade lectiva polo que non foi necesario desaloxar as aulas.
Nun comunicado, Educación anunciou que o conselleiro Román Rodríguez se trasladará este xoves ata o colexio para coñecer os danos provocados polo lume.