Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume calcina totalmente a vivenda dunha familia de Pobra de Trives

O lume calcina totalmente a vivenda dunha familia de Pobra de Trives

Perderon todo e agora unha campaña solidaria tenta axudarlles 

Descoñécense de momento as causas das lapas 

Estado en que quedou a vivenda
G24.gal 09/02/2026 15:23

Unha familia de Pobra de Trives, con dous nenos pequenos, quedou sen nada por mor dun incendio na súa vivenda. As lapas, que comezaron o sábado pasadas as 11 da noite, calcinaron completamente a súa casa, situada na aldea do Castro. Os pais e os dous fillos non estaban na vivenda cando comezou o lume. Foi unha veciña quen os alertou.

Polo momento descoñécense as causas que provocaron o lume da vivenda que mercaran e acondicionaran hai cinco anos. Agora tentan asimilar o acontecido e agradecen a axuda dunha campaña solidaria coa que se pretende axudarlles a saír adiante.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade