Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Ferrol investiga as causas dun incendio que queimou un baixo na madrugada do luns

A Policía Local de Ferrol investiga as causas dun incendio que queimou un baixo na madrugada do luns

Os primeiros indicios apuntan a que a orixe do lume podería ser un problema eléctrico

O lume provocou o desprazamento da Policía Local, Nacional e os bombeiros

Imaxe da fachada queimada do local
G24.gal 09/12/2025 15:08

Así amenceu este luns o baixo do número 118 da rúa Magdalena de Ferrol tras un incendio que queimou a fachada do local durante a noite anterior.

O incidente produciuse contra as 5 da mañá, hora á que un particular deu o aviso aos servizos de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse axentes das policías Local e Nacional ademais dos bombeiros, que tiveron que romper os cristais do escaparate para acceder ao local e frear o avance das lapas.

Extinguido o lume, o local quedou precintado e así o atoparon a maioría dos residentes e propietarios dos negocios da zona á mañá seguinte. "Hoxe, contoume unha veciña que ás catro e media da mañá do luns sentiron boreo, había lapas e prendeuse este local" comenta unha traballadora dunha tenda cercana.

Finalmente, o lume unicamente afectou ao escaparate do inmoble que -segundo os veciños da contorna- alberga un local de fumadores. Posteriormente, foi tapiado polo persoal e propietarios do negocio.

Paralelamente, a investigación para esclarecer as causas do incendio continúa en curso. Os primeiros indicios apuntan a un posible problema eléctrico como orixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade