Sorteando pedras nas beirarrúas de Poio
Un veciño de 88 anos, ferido ao tropezar na rúa, incidente que se repite acotío
Un veciño de 88 anos resultou ferido tras caer polo mal estado dunha beirarrúa en San Salvador de Poio. Non é o primeiro caso, e son moitas as queixas ao respecto.
A xente sortea como pode evitar as trampas de pedra nas rúas de acceso a un centro comercial de San Salvador de Poio. Menos sorte tivo o home de 88 anos que caeu despois de tropezar e sufriu feridas en cara, mans e xeonllo. Salvoulle a vida que no momento de caer á estrada non pasara ningún coche. A xente que percorre a zona recoñece que é complicado camiñar por ela, e mais con andadores e carros de bebé ou da compra.
Nesta zona hai contratempos case todas as semanas. Moitos xa están afeitos e só confian en que a situación mellore, pero multiplícanse os buracos e as baldosas levantadas e rotas. Amais, o paso de peóns carece de rampla de acceso, polo que dificulta a algúns enormemente o paso.
Os veciños esperan que se axilicen as obras de humanización previstas, antes de que o pavimento vaia a peor.