Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás para o Entroido de Xinzo de Limia, a vindeira semana comeza co Petardazo e o Fareleiro

Conta atrás para o Entroido de Xinzo de Limia, a vindeira semana comeza co Petardazo e o Fareleiro

Xusto en catro semanas será domingo de Entroido, pero en Xinzo a festa comeza xa o vindeiro sábado do Petardazo e o Domingo Fareleiro

Alí teñen o ciclo festivo máis longo da Península con cinco fins de semana de troula por diante

A estas alturas nos hoteis e restaurantes da vila xa non quedan ocos libres

 

O Entroido é para Xinzo de Limia a festa máis agardada pola veciñanza, visitantes e os hostaleiros
G24.gal 18/01/2026 21:26 Última actualización 18/01/2026 23:08

Conta atrás para o Entroido de Xinzo.  Xa só quedan 6 días e unhas poucas horas para que a praza de Carlos Casares se encha de xente e estoure a alegría no Petardazo. 

Os hostaleiros xa están preparados para vivir cinco fins de semana de moita festas e moito traballo

"Van ser días de moito traballo, con moita xente, e isto vai estar todo a rebentar", di Yelimar Zambrano, que vai traballar como camareira na Cafetería Trisquel.

"É un dos momentos máis álxidos economicamente para os hostaleiros", asegura  Iván Prado Rodríguez, dono da Heladería e Café Bar.

"Supón un movemento de cartos bastante importante para a hostalería e os hoteis, mesmo se abren locais temporais que son só para este mes", explica o veciño Javier Camaño. 

O que si que está moi complicado é atopar un cuarto libre para os previos como o Oleiro, e nos días grandes do Entroido, os hoteis da vila están completos. 

"Os hoteis están cheos desde hai xa ben meses, e estamos empezando a ver como a xentes está alugando vivendas privadas", conta Iván. 

O de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense, é, polo de agora, o único Entroido de Galicia declarado de Interese Turístico Internacional, unha festa para vivir e sentir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar