Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo listo para a celebración da décima edición da festa do Ribadeo Indiano

Todo listo para a celebración da décima edición da festa do Ribadeo Indiano

A vila mariñá homenaxea o legado dos galegos retornados de América hai un século

Cartel do Ribadeo Indiano no centro da vila
Félix Aragunde 10/07/2025 20:37 Última actualización 10/07/2025 20:50

Todo listo na capital da Mariña oriental para que se repitan esta fin de semana unhas estampas máis propias da sociedade de comezos do século XX. Durante tres días, o Ribadeo Indiano homenaxeará o legado daqueles emigrantes que retornaron de América cunhas indumentarias e cuns estilos arquitectónicos importados da outra beira do Atlántico. De feito, nas tendas de moda a actividade está a ser frenética.

"É unha loucura. Mañá á tarde xa empeza todo e hoxe notouse que é o día previo. A mañá foi impresionante", sinala Irina López, dependenta dun comercio do centro da vila. 

Organizada polo Concello e pola Asociación de Comerciantes de Ribadeo, prevese que a festa supere este ano todas as edicións anteriores tanto no número de visitantes como na repercusión económica. 

"O ano pasado calculábanse unhas 60.000 persoas do venres ao domingo, cunha repercusión económica de entre 3 e 4 millóns de euros, e cremos que este ano se pode superar", afirma Jesús Pérez Prada, xerente de ACISA Ribadeo. 

En total, hai máis de 40 actividades previstas para esta edición especial da festa, entre as que figura, como novidade, un circo indiano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade