Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido o condutor dun camión que envorcou en Vigo mentres transportaba area

Ferido o condutor dun camión que envorcou en Vigo mentres transportaba area

Foi trasladado en ambulancia ao Álvaro Cunqueiro

Outro coche quedou danado ao caerlle enriba a carga do vehículo pesado

 

G24.gal 17/07/2025 11:56

O condutor dun camión mancouse este xoves ao envorcar co vehículo no que transportaba area na parroquia de Valadares, en Vigo. Ao esparexerse a carga pola estrada, producíronse fortes retencións mentres duraban os labores de limpeza.

Ocorreu pouco antes das 08.30 horas á beira do Hospital Álvaro Cunqueiro, xunto á rotonda que conecta coa VG-20.

Varias persoas particulares alertaron o 112 Galicia para advertir que podía haber persoas atrapadas, polo que se solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Local e os bombeiros. Con todo, ao chegaren os efectivos, confirmaron que o condutor estaba liberado.

O ferido tivo que ser trasladado nunha ambulancia ao Álvaro Cunqueiro, mentres que os servizos de intervención traballaron durante horas para retirar o camión e a area, que quedou esparexida pola estrada e provocou danos noutro coche.

Dúas horas despois deste accidente, un motorista sufría unha caída noutra das rotondas de Valadares.

Varios particulares que chamaron ao 112 confirmaban que o condutor estaba consciente e tendido na calzada, polo que necesitaba asistencia médica.

Ata o lugar acudiron a Policía Local e unha dotación do 061, que trasladaron o ferido ata o Hospital Povisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade