Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista tras chocar contra un vehículo que fuxiu no Rosal

Falece un motorista tras chocar contra un vehículo que fuxiu no Rosal

O turismo invadiu o carril contrario e levou por diante o motorista

A Garda Civil iniciou unha investigación para dar co condutor do turismo que permanece en paradoiro descoñecido

O accidente tivo lugar ás 17:22 horas no quilómetro 4 desta estrada O accidente tivo lugar ás 17:22 horas no quilómetro 4 desta estrada
G24.gal 15/07/2025 19:05

Un motorista de 33 anos faleceu cando circulaba pola CG4.2, nas Eiras, O Rosal (Pontevedra), tras ser arremetido por un vehículo cuxo condutor permanece en paradoiro descoñecido.

Segundo informou a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 17:22 horas no quilómetro 4 desta estrada, onde un turismo invadiu o carril contrario e levou por diante o motorista.

Tras o accidente, o condutor do vehículo subiu a un vehículo doutra persoa que circulaba pola vía e foi trasladado ao centro médico de Tui, tras o que se lle perdeu a pista.

A Garda Civil iniciou unha investigación para dar co seu paradoiro. Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES A Guarda e Pretección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade