Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á caza do condutor fuxido tras levar por diante un motorista, que morreu

Á caza do condutor fuxido tras levar por diante un motorista, que morreu

O home conducía un turismo de matrícula alemá e, segundo algunhas testemuñas, tiña acento portugués

A investigación cree que fuxiu cruzando a fronteira de Valença a pé

G24.gal 16/07/2025 13:51

A Garda Civil de Tráfico afina a busca do condutor do vehículo que levou onte por diante e matou un motorista no Rosal. O home fuxiu logo de ser trasladado a un centro de saúde para ser atendido.

A estrada entre Goián e A Guarda aínda contén restos da violenta colisión que se levou a vida do motorista de 33 anos.

Pasaba das catro e media da tarde cando un turismo con matrícula alemá invadiu o carril contrario para adiantar e levou por diante a moto, que viña de fronte. O impacto foi brutal e o piloto saíu despedido mentres que os vehículos quedaron totalmente desfeitos.

Minutos despois do choque, unha parella socorreu o condutor, que pediu que o levaran ao centro de saúde de Tui. Segundo as testemuñas, era un home con acento portugués. Malia as lesións, este logrou fuxir e os investigadores pensan que cruzou a fronteira a pé pola ponte que une Tui e Valença.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, fixo un chamado á responsabilidade nas estradas e denunciou casos coma este.

"Estou plenamente convencido de que o causante deste terrible accidente está a piques de ser identificado e máis pronto ca tarde vai ser detido e posto a disposición xudicial para responder tanto do accidente como da fuxida por omisión do deber de socorro", declarou.

Agora, a prioridade é atopar o condutor do turismo, visto pouco antes poñendo combustible nunha estación de servizo. As investigacións barallan que fuxiu, entre outras opcións, por estar baixo os efectos do alcol ou drogas, ou por ter unha orde de busca e captura por outros delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade