Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cable que unía as dúas cabinas do funicular da Glória soltouse dunha delas

O cable que unía as dúas cabinas do funicular da Glória soltouse dunha delas

Primeiro informe provisional do accidente do funicular de Lisboa, no que morreron 16 persoas

A zona onde se desprendeu o cable que provocou o accidente non podía verse a simple vista
G24.gal 07/09/2025 13:38 Última actualización 07/09/2025 14:07

Portugal comeza a coñecer as causas do accidente do elevador da Glória, en Lisboa, no que morreron 16 persoas e outras 22 quedaron feridas.

Segundo o primeiro informe do organismo encargado da seguridade aérea e ferroviaria, o cable que unía as dúas cabinas do elevador soltouse do seu punto de fixación na cabina, que descarrilou.

O informe completo coñecerase en 45 días

O operador do aparello actuou correctamente, aplicando os freos pneumáticos e o manual, que non puideron deter a caída fatal da cabina. 

O organismo investigador di que o cable que se desprendeu estaba en perfectas condicións, e engade que o lugar onde rompeu non se ve a simple vista, polo que non puido ser detectado nas inspeccións previas.

O informe completo dos técnicos coñecerase dentro de 45 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade