Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os condutores portugueses aforran ata 20 euros botando combustible en Galicia

Os condutores portugueses aforran ata 20 euros botando combustible en Galicia

O prezo por litro de gasolina pode ser de ata 30 céntimos menos nas gasolineiras galegas

Nótano en Tui, onde hai varias gasolineiras low cost

 

 

G24.gal 05/09/2025 14:20

Basta botar un ollo aos carteis dos prezos nas gasolineiras preto da fronteira en Portugal para entender por que teñen menos clientes. O litro da gasolina pode custar ata trinta céntimos menos en Galicia, polo que moitos condutores lusos optan por percorrer os poucos quilómetros que os separan da fronteira.

Algo semellante sucede co diésel. En Tui, ademais, xúntanse varias gasolineiras de baixo custo, onde a presenza de vehículos portugueses é constante. O movemento de condutores entre ambos lados da raia é constante e moitos aproveitan para buscar tamén outros produtos a mellor prezo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade