Publicador de contidos

Publicador de contidos

O condutor dun autobús escolar dá positivo en cocaína e benzodiacepinas en Ourense

O condutor dun autobús escolar dá positivo en cocaína e benzodiacepinas en Ourense

Levaba tres menores de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos

Arquivo Arquivo
G24.gal 29/10/2025 11:34

O condutor dun autobús escolar deu positivo en cocaína e benzodiacepinas nun control efectuado pola Garda Civil de Tráfico na zona de Baixa Limia, en Ourense.

Interceptárono mentres levaba a bordo tres menores de idades comprendidas entre os sete e os doce anos.

Segundo informa o Instituto Armado, a proba efectuouse o pasado 14 de outubro no marco da campaña de control sobre o transporte escolar.

Nun comunicado indica que casos como estes son "illados e puntuais". Con todo, incide en que se continuarán desenvolvendo "controis específicos" no ámbito escolar durante "todo o curso académico".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade