Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tecnoloxía 100 % galega para eliminar as emisións de CO2 dos barcos

Tecnoloxía 100 % galega para eliminar as emisións de CO2 dos barcos

O sistema CapCo2 permite capturar a bordo dos buques as emisións de CO2 dos motores mariños para despois aproveitalo en terra

O sistema pode instalarse practicamente en calquera buque sen afectar o seu normal funcionamento

G24.gal 29/10/2025 14:08 Última actualización 29/10/2025 14:19

O 3 % das emisións de CO2 no mundo proceden dos barcos. Unha empresa galega deseñou un sistema que permite eliminalas empregando motores tradicionais. "O obxectivo é instalalo en barcos de nova construción ou xa existentes. É un sistema modular, compacto, sinxelo de operar, seguro para a tripulación, eficiente dende un punto de vista enerxético e viable dende o punto de vista económico", explica Julián Fontenla Vivanco, responsable de desenvolvemento de negocio de Willbö.

Chamáronlle CapCO2, xa que captura a bordo esas emisións. Enrique Araujo Fernández, director técnico de Wilbö, destaca que "se pon en contacto un disolvente cos gases de escape, hai unha reacción química que captura ese CO2 e queda integrado nese disolvente, que se almacena en tanques no barco". 

Na chegada a terra descárgase ese CO2 almacenado. "Sepárase a disolución para poder extraer o CO2 e poder procesalo para poder utilizalo", apunta Araújo. Fontela engade que se tratará "nun entorno no que podamos sintetizar o CO2 capturado con hidróxeno verde poder producir combustibles renovables de orixe non biolóxico".

O sistema é pioneiro en España. Presentaron o seu prototipo en Vigo, e destacaron que se pode adaptar tanto a barcos de pesca como aos de pasaxeiros, como por exemplo os que fan o percorrido ás illas Cíes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade