Publicador de contidos

Publicador de contidos

Clientes das gasolineiras tradicionais avogan pola creación de emprego

Clientes das gasolineiras tradicionais avogan pola creación de emprego

Cada día estamos máis acostumados ao "sírvase vostede mesmo" en todo tipo de establecementos, pero o trato persoal é un plus que moitos clientes valoran especialmente nas gasolineiras

Con todo, o autoservizo adoita supoñer un aforro no prezo do produto, que o usuario tamén ten en conta

G24.gal 14/10/2025 14:23 Última actualización 14/10/2025 15:01

As gasolineiras de autoservizo consolídanse cun 16 por cento de cota de mercado en España, segundo a Asociación Nacional de Estacións de Servizo Automáticas. Nos últimos 5 anos o número deste tipo de establecementos duplicouse no Estado. En Galicia contan con clientela fiel.

"É cómodo, eu boto 70 euros todas as semanas e acabo aforrando cartos a final de mes". "Se é máis barato, imos usalo", din dous clientes.

Aforrar uns euros non é argumento dabondo para facer mudar de opinión os usuarios das gasolineiras tradicionais. Sobre a calidade do combustible tamén as opinións están enfrontadas.

"Eu prefiro o trato persoal e crear postos de traballo e non destruílos".

"Se todo fan as máquinas, onde haxa un empregado hai un salario.... Máquinas, máquinas ao final non facemos falla nós".

Cada día máis familiarizados co autoservizo en todo tipo de negocios, algúns usuarios reflexionan sobre a contribución das máquinas a unha mellor calidade de vida.

"Se traballan por nós, ao mellor teñen que pagar impostos elas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade