Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os autónomos galegos, contra a suba das cotas

Os autónomos galegos, contra a suba das cotas

Aseguran que a situación económica do colectivo non é boa e cren que levará a pechar moitos negocios

G24.gal 14/10/2025 14:34

Carolina apostou por seguir á fronte dun negocio familiar e, tras rematar a súa formación, pasou a formar parte do colectivo de máis de 200.000 autónomos de Galicia.

"O autónomo non só paga cotas. Paga un alugueiro abusivo, paga empregados, paga a luz e auga que están subindo cada vez máis. Estannos afogando".

Coma ela, Uxía levanta cada día a persiana do seu pequeno café. Ve como cada mes ten que sumar novos gastos. Agora bota contas coa suba prevista na cota de autónomos.

"Cando chega o trimestre a pequena nómina que podemos ter os dous meses que non son recadatorios parece que quedamos sen ela. Unha suba máis fainos moito dano".

A proposta do Goberno apunta unha suba que vai entre 17 e 206 euros ao mes, dependendo do treito de cotización por ingresos.

"Agora mesmo a situación do colectivo é complicada. Pasamos a pandemia, sufrimos as consecuencias da guerra de Ucraína, agora de Oriente medio e agora mesmo a situación económica dos autónomos non é boa", explica Rafael Granados, presidente da Asociación de Autónomos de Galicia.

E advirten. "Se nos seguen incrementando os gastos, o único que van conseguir é que acabemos pechando máis autónomos".

O pasado mes de agosto pecharon o seu negocio en España cada día 280 autónomos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade