Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os autónomos piden suspender a suba das cotas para os que colaboran nun negocio familiar

Os autónomos piden suspender a suba das cotas para os que colaboran nun negocio familiar

Aumenta a base mínima e terán que pagar uns 135 euros máis ao mes

Son moi habituais na hostalaría e no rural e moitas son mulleres

O Goberno lembra que foi un acordo para mellorar as súas coberturas

G24.gal 10/04/2026 14:54

As asociacións de autonómos pídenlle ao Goberno que conxele as cotas dos chamados autónomos societarios ou familiares colaboradores. Son arredor dun 1.200.000 persoas en España que axudan nun negocio familiar. A maioría cotiza pola base mínima, mil euros, que agora sobe a 1.424. Na práctica, iso significa que ao mes pagarán 135 euros máis. 

"Depende de cada mes. Nós adoitamos traballar en función do volume de traballo que haxa así que eu traballo en función do traballo que vaia xurdindo", explica Camilo Villanueva, adestrador persoal que colabora como autónomo familiar no negocio da súa parella.

Os autónomos colaboradores son habituais en sectores como a hostalaría e no rural, tamén en pequenas empresas relacionadas co sector da construción, a mecánica e o comercio. Moitas son mulleres.

"Xa o viñamos advertindo. Suporá un esforzo de máis de 135 euros ao mes", calcula o presidente de UPTA, Eduardo Abad.

O Goberno lembra que a suba das cotas se acordou coa maioría do sector en 2022, tamén co apoio do PP, e que o obxectivo é mellorar a protección destes traballadores. Pagarán máis, si, pero terán mellores coberturas.

"Non hai ningunha suba, non hai ningunha decisión unilateral por parte do Goberno", asegura a ministra de Inclusión e Seguridade Social, Elma Saiz.

Pero as asociacións de autónomos, como ATA e UPTA, explican que a suba tiña que incluírse nos presupostos do Estado e que, como non se están renovando, non debería entrar en vigor. Piden que se conxele, ao igual que se conxelaron as cotas dos autónomos ordinarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade