Os autónomos dan o salto
Cada día tes traballadores por conta propia convértense en sociedades, uns mil por ano
Dous son os motivos principais: frear o IPRF e blindar o seu patrimonio
O réxime especial de traballadores autónomos (RETA) experimenta unha reconfiguración interna en Galicia. As cifras achegadas por organizacións sectoriais como a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) constatan un incremento do 5% anual na cifra de autónomos societarios. Cada día tres autónomos dan o salto. Uns mil profesionais ao ano.
A transición cara a figuras xurídicas como a Sociedade Limitada responde principalmente á busca dunha optimización fiscal ante o endurecemento dos custos de xestión e as cotas fixas mensuais que se disparan a partir de beneficios superiores aos 40.000 euros.
Ademais, esta modalidade engade unha capa de protección do seu patrimonio persoal fronte a eventuais débedas operativas da actividade empresarial.
Este repunte societario coincide estruturalmente cos cambios demográficos que vive o RETA en Galicia. As últimas alertas sectoriais de organizacións como UPTA España inciden en que a incorporación de emprendedores estranxeiros —especialmente orixinarios de Portugal, Venezuela e Colombia— está a servir de contrapeso ante a falta de relevo xeracional en sectores tradicionais como o comercio de proximidade, a construción e a hostalaría.