Publicador de contidos

Publicador de contidos

A realidade do autónomo galego: traballar máis para gañar menos

A realidade do autónomo galego: traballar máis para gañar menos

UPTA denuncia que 80.000 autónomos galegos teñen que traballar máis de dez horas diarias para obter "rendementos modestos"

Esta asociación de autónomos advirte de que parte do día deste colectivos non é produtivo porque se dedica a cumprir coa burocracia

Fontaneiros, electricistas e instaladores son os que máis cobran

Os autónomos galegos traballan máis de 200 horas ao mes
G24.gal 19/08/2026 14:26

Cristóbal leva corenta anos co coche cargado de ferramentas por toda Galicia. Traballa de sol a sol pero hoxe o seu esforzo non se traduce en riqueza. Coma el, uns 80.000 autonomos galegos sofren precariedade económica, segundo o sindicato, UPTA. Traballan máis de 200 horas ao mes, unhas 10 cada día por un rendemento real de entre 8 e 13 euros. 

O problema ten nome: tempo invisible. Horas dedicadas a facer presupostos, facturas e papelame. A burocracia devora máis de 200 horas ao ano por negocio. A isto hai que sumarlle a dispersión xeográfica de Galicia. Fontaneiros, electricistas o transportistas pasan horas ao volante. Quilómetros de estrada que non se poden repercutir na factura. 

As asociacións piden menos asfixia burocrática e máis formación. E poñen exemplos, coma o novo sistema para facturar. Pero tamén cambios na tributación. Advirten que máis de 60.000 autónomos galegos xa pasaron a tributar como sociedades. Mentres tanto, Cristóbal ten que arrancar un día máis. Agárdano máis curvas. Hoxe, unha vida dedicada a traballar doce horas diarias xa non lle garante un beneficio xusto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade