O Concello de Ribeira de Piquín recupera a súa gasolineira
Os obxectivos son fixar poboación no rural e dar servizo aos veciños
O Concello de Riberia de Piquín, a través da Fundación Terreo, acaba de recuperar unha gasolineira que levaba dez anos pechada.
Deste xeito pretenden dar servizo á veciñanza, crear emprego no rural e fixar poboación, algo esencial para un concello que anda polos 500 habitantes. De feito, os dous empregados contratados son veciños da montaña, un vive en Riotorto e o outro, no propio concello de Ribeira de Piquín.
Nun día que leva aberta xa pasaron por ela para botar combustible unhas cincuenta persoas, o dez por cento da veciñanza. E todos están marabillados coa recuperación dun servizo esencial, xa que a estación de servizo máis próxima quédalle ben en Meira ou ben na Fonsagrada, é dicir, mínimo a 15 quilómetros, en función do lugar de Ribeira de Piquín no que se estea.
A Fundación Terreo xa desenvolveu outros proxectos como unha plantación de kiwis, unha piscifactoría de troita e unha explotación de porco celta.