Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres artesás de San Sadurniño triunfan coas súas bonecas feitas con follas de millo

Tres artesás de San Sadurniño triunfan coas súas bonecas feitas con follas de millo

G24.gal 14/10/2025 21:48

Dise axiña pero son xa dez anos os que As Lolas da Cascarilla levan dándolle forma ás bonecas que fabrican con follas de millo.

"O millo que botamos non é o que se compra agora para sementar para as vacas ou ensilar, non. É o que se botaba de toda a vida, o primeiro que veu de América porque ten as follas máis brancas e máis longas", apunta Ana Lamas.

Elas son tres amigas de San Sadurniño. Lucía non está, pero Ana e Mar cóntannos que todo comezou por casualidade tras recibir Ana unha boneca de millo portuguesa.

"E a partir de aí  foi ela a que sacou a idea de se non podiamos facer isto nós", di Mar Hermida. 

Co tempo perfeccionaron atécnica ata crear o seu estilo propio logrando recuperar unhatradición vencellada de sempre á esfolla.

"A miña nai xa me ensinara de pequena a facelas, pero eran moi básicas. Non podían mover os brazos e levábanos estirados porque levaban arame e non podían encollelos. Era todo moi básico", sinala Ana.

"Nós démoslle colorido. Engadimos a cor nelas co tinguido. Fumos nós probando, estudando cada cousa e fumos buscando a nosa identidade", comenta Mar.

Tamén fan flores e complementos e están abertas a todo tipo de encargas. Mais son as lolas as que dan sona a esta marca de artesanía de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos