Os emprendedores galegos buscan oportunidades de negocio no exterior
Exporpymes reúne na Coruña 130 empresas exportadoras e importadoras
Galicia superou o pasado ano os 30.000 millóns en exportacións
Os emprendedores galegos buscan, cada día, oportunidades de negocio. Hai empresas de orixe familiar que queren seguir medrando e agora centran os seus esforzos na comercialización. Coma referente están outras que xa están presentes en mercados como o Xapón ou os Estados Unidos
Todos coinciden en que a calidade é a mellor carta de presentación, pero tamén saben que necesitan dun apoio para darse a coñecer. Para todos eles vai dirixida a XII edición de Exporpymes, sobre todo tendo en conta que o 99 por cento do tecido produtivo galego está composto por pequenas e moi pequenas empresas que moitas veces teñen dificultades para darse a coñecer nun mundo cada vez máis global.
O obxectivo de eventos de intercambio comercial que acolleu a Coruña é que as firmas galegas conquisten o mapa, despois de que as exportacións bateran marcas o pasado ano superando os 30.000 millóns.