Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis aposta de novo por Vigo: Peugeot montará o novo motor Turbo 100 desde maio

Stellantis aposta de novo por Vigo: Peugeot montará o novo motor Turbo 100 desde maio

Trátase dun motor de terceira xeración que incorpora un 70% de compoñentes novos en termos de valor, incluíndo a cadea de distribución, o turbocompresor, ou o sistema de inxección

Imaxe de arquivo da fábrica de Stellantis en Vigo (Europa Press / Stellantis) Imaxe de arquivo da fábrica de Stellantis en Vigo (Europa Press / Stellantis)
G24.gal 16/03/2026 21:39

A marca automobilística Peugeot anunciou que os seus modelos 208 e 2008, este último producido en Vigo, montarán a partir dos próximos meses o seu novo motor Turbo 100, de tres cilindros e 101 cabalos de potencia.

Tal como informou a firma nun comunicado, este novo motor de gasolina "eleva as sensacións e o rendemento a un nivel superior", para ofrecer "eficiencia e fiabilidade".

Segundo explican, trátase dun motor de terceira xeración que incorpora un 70% de compoñentes novos en termos de valor, incluíndo a cadea de distribución, o turbocompresor, o sistema de inxección ou o bloque cilíndrico.

Esta nova mecánica estará dispoñible no Peugeot 208 a partir de marzo e en maio no Peugeot 2008, fabricado en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade