Stellantis embarca o seu vehículo 15 millóns no porto de Vigo
Un de cada catro coches que se fabrican en España sae de Stellantis Vigo
Alfonso Rueda ofreceu ao sector automobilístico o apoio da Xunta nuns tempos complicados pola competencia chinesa
Citroën exportou a Marrocos o primeiro coche no 1958. Daquela a factoría producía 25 vehículos ao mes e agora máis de 50.000. O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlso Botana explica que os coches son "a mercadoría que máis se move no porto". "Somos o segundo peirao a nivel nacional", salienta.
Este xoves embarcou unha Berlingo eléctrica que é o vehículo 15 millóns transportado dende o peirao vigués. José Luis Alonso Mosquera, director de Stellantis Vigo asegura que "o transporte marítimo é unha das nosas grandes fortalezas". "Permite competir nun mercado global e compensar a nosa localización xeográfica afastada dos principais centros de consumo do mercado da automoción", explica.
Alfonso Rueda garante o apoio da Xunta ao sector: "Seguiremos apoiándoo con todas as axudas, como o plan director da loxística. É fundamental esta industria en Vigo e en Galicia".
No 2025 un de cada catro coches fabricados en España construíuse en Vigo.