Publicador de contidos

Publicador de contidos

Foi por unha máquina de alisar e volveu con 400 vestidos de noiva de alta costura e sen estrear

Foi por unha máquina de alisar e volveu con 400 vestidos de noiva de alta costura e sen estrear

Un emprendedor coruñés vende cada vestido a un único prezo de 399 euros

G24.gal 10/11/2025 14:33

Elixir o vestido de noiva é unha das decisións máis complicadas durante a preparación dunha voda. Porén agora, as futuras noivas vano ter máis doado grazas a Brais, que adquiriu máis de 400 vestidos, sen estrear e de alta costura, e xa que ten á venda.

"Todos están etiquetados. Eu vou agochar o prezo para que escollan elas o que queiran, pero o prezo está pechado en 399 euros. Dá igual que custase 2.000 ou 5.000 euros. Todos os talles, todos os estilos... Eu creo que poderán escoller o que elas están buscando", explica Brais Palmero.

Son modelos de coleccións anteriores que conservan toda a calidade, deseño e elegancia de firmas recoñecidas que Brais atopou, sen pretendelo, nunha nave de Santander.

"Ás veces os negocios xorden deste xeito. Fun a Santander a mercar unha prancha industrial e cando cheguei ao local, que viña dun embargo, estaban os vestidos de noiva e a persoa non sabía moi ben que facer con eles. Fíxenlle unha oferta e aceptouna", engade o emprendedor coruñés.

Tivo que alugar un camión para poder trasladar todo o lote á Coruña... no que había máis que os vestidos de noiva.

"Máis de cen vestidos de noivo, camisas, zapatos... Nós agora mesmo o que temos é unha conta de Instagram que é "lasnoviasdepalmero". Poden buscalos por aí e contactar comigo a través dese medio. E eu diría máis: estas noivas poden casar con estes vestidos e despois vendelos aínda máis caros".

Así que facer negocio estreando un vestido de noiva de alta costura sen gastar unha fortuna... xa non é un soño imposible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade