Sumar considera "un erro" a suba de cotas a autónomos que propón a Seguridade Social
A voceira de Sumar no Congreso, Verónica Barbero, considera que hai que "coidar" os autónomos e subirlles os impostos ás grandes empresas
O líder do PP cualifica de "sablazo" a proposta do Goberno
Os axentes sociais xa reaccionaron á proposta da ministra de Seguridade Social, pero tamén o fixo o socio da coalición. Para Sumar, é "un erro".
Verónica Barbero, voceira de Sumar no Congreso, considera que "non debería ser así" porque "hai que coidar os autónomos e as pemes" e avoga por unha suba de impostos ás grandes empresas.
Tamén o PP critica unha medida que vai afectar aos autónomos, que "xa esperan con pánico o seguinte sablazo do Goberno". Segundo Alberto Núñez Feijóo, "ningún país pode saír adiante dende o castigo a quen traballa".
Para sacar adiante esta suba nas cotas, o Goberno ten que conseguir o apoio do Congreso. Do contrario, prorrogaríanse as que agora están vixentes.